Para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837), sumámonos á proposta da AELG (Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega) coa iniciativa “Eu son Rosalía”. A nosa achega consistirá na gravación en Radio Redondela, entre os días 10 e 20 de febreiro de lecturas da obra da ilustre escritora galega.
O horario para achegarse á emisora de Radio Redondela (situada no 2º andar da Casa da Cultura) para facer as gravacións é de 13 a 14.30 h, e de 17.30 a 19.00 h, de luns a venres. As gravacións emitiranse durante a programación habitual de Radio Redondela na semana do 23 ao 27 de febreiro. Ademais de lecturas da obra rosaliana os que queiran participar poden facelo tamén deixando as súas opinións e impresións sobre a súa obra, nas que cada persoa descubrirá con cal das múltiples “rosalías” e con que sensibilidades da autora se sente máis identificada. Neste caso, deberán comezar coa frase “Eu son Rosalía porque/cando/para…”, seguindo a iniciativa da AELG.