Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O líder non perdoa a SAR e o Chapela remonta

RR_Noticias

Desiguais resultados os que nos deixa o balonmán local, nunha fin de semana na que o Construcciones Castro Chapela lograba superar ao seu rival, o Calvo Xiria regresando así ao terceiro posto da clasificación. Peor lle foron as cousas a Sar que non foi quen de superar ao líder da categoría, o Cisne.

Malia xogar na casa, a Sar Plastic Omnium non puido superar a un Cisne que está a vivir o seu mellor momento, líder indiscutible en 1ª Nacional Masculina. 22-25 foi o resultado final dun partido que viviu unha primeira parte moi igualada ata pouco antes do descanso, cando o Cisne xa conseguiu tomar vantaxe no marcador. Unha  vantaxe que xa non abandonaría ata o final do partido. Os da SAR son quintos e xogan na vindeira semana no campo do decimo primeiro, o Cañiza.
O Construcciones Castro Chapela amosou a súa mellor cara nun partido disputado na casa ante o Calvo Xiria. Vitoria final para os locais cun marcador de 31-27 que deixa aos de Chapela na terceira praza do grupo.. Na vindeira semana xogan no campo do Pontevedra, décimos da categoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará