Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un dique reforzará o muro do paseo de Arealonga e evitará a perda de area na praia

RR_Noticias

A obra será financiada pola Autoridade Portuaria de Vigo, cun orzamento de 30.000 euros. A escollera reforzará o actual muro do paseo, que está deteriorado pola erosión do mar. Segundo os técnicos, o dique tamén evitará a perda de area na praia que actualmente provocan as correntes mariñas.

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o paseo de Arealonga acompañado pola directora da entidade, Beatriz Colunga, xunto co alcalde Javier Bas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez. López-Chaves explicou que se trata dunhas obras de “mantemento” para reforzar a estrutura actual do muro, onde xa se poden apreciar “algúns buracos”. O alcalde redondelán engadiu que a obra será un paso máis “na posta en valor da praia de Arealonga” coa recuperación do areal, tal como reclaman os veciños. A Asociación de Veciños de Chapela leva xa meses demandando unha solución a este problema, xa que a perda constante de area que afecta a Arealonga nos últimos anos está a transformar a praia nun pedregal. Os residentes da contorna atribúen ao muro de contención levantado no ano 2007, cando se construíu o recheo para o paseo da zona de Cardona, no que non se contemplou a necesidade de rematar a ampliación cunha escollera. O proxecto do Concello inclúe outras actuacións para mellorar a calidade das augas na zona, afectadas por vertidos nos ríos que desembocan na praia, o Pugariño e o Maceira. Para Bas o obxectivo é “detectar eses vertidos e eliminalos”. Deste xeito a praia de Arealonga podería ser “un referente” para o turismo en Redondela, e mesmo “optar á Bandeira Azul”. Segundo o alcalde, unha vez que as augas reúnan os parámetros de calidade axeitados, o areal cumpriría cos requisitos para aspirar a esta distinción.  

Ignacio López-Chaves Presidente da Autoridade Portuaria
O presidente da Entidade Portuaria explicou que se trata dunhas obras de mantemento para reforzar o muro do paseo.
Javier Bas alcalde
Segundo o rexedor a escollera servirá tamén para evitar a perda de area na praia.
Bandeira Azul para Arealonga
O alcalde non descarta que a praia opte á Bandeira Azul unha vez que as augas cumpran cos requisitos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará