Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estudar unha carreira triplica o seu prezo coas reformas educativas segundo ARDE

RR_Noticias

A Asemblea Redondelá de Estudantes (ARDE) asegura que a implantación do decreto 3+2 que pretende o Ministerio suporá excluír do ensino universitario a moitos mozos que non poderán facer fronte ao incremento económico que conleva esta nova reforma educativa. Hoxe venres celebran unha reunión informativa abertas ás 18:30 horas no salón de actos do IES pedro Floriani.

Unha asemblea convocada por ARDE para informar da folga educativa convocada para o vindeiro 26 de febreiro por todas as asambleas de estudantes de Galicia. Unha mobilización que ten por obxecto frear o real decreto aprobado polo goberno que permite ás universidades ofrecer graos de tres anos -actualmente de catro- e másteres de dous anos- actualmente de un. Unha modificación nas titulacións universitarias que segundo os convocantes incrementará notablemente o prezo das titulacións, xa que un curso de master é notablemente máis caro que un de grao. Rexeitan o argumento do goberno, que fala de que o estudante poderá contar cunha titulación en tan só tres anos abaratando así os seus desembolsos “xa que os masters son  imprescindibles para adquirir a formación que requiren os postos de alta cualificación”.  

Adrián Moreira ARDE
Fálanos das conseuencias do decreto 3+2

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará