Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia un sobrecuste de 350.000 euros nas obras do campo de Santa Mariña

RR_Noticias

Explican que logo de consultar a información existente sobre as tres fases nas que se abordou o proxecto do campo de fútbol pasouse “dun anteproxecto de 1.688.909 €  a 2.038.650,963 € aproximadamente”. Uns incrementos que se producen malia que se renunciou a algunhas das actuacións previstas como o “skatepark”, os vestiarios ou as bancadas para o tenis e que será o concello quen teña que asumir a construción das pistas de tenis.

Os incumprimentos denunciados por AER afectan principalmente ás fases II e III do proxecto. Así, na segunda fase estaba previsto construír a bancada, vestiarios, baños e accesos ao campo, unha actuación adxudicadas a COVSA que incrementou en 300.000 euros o orzamento inicial (estimado en 543.169€) malia que os vestiarios non se fixeron.
Xa na terceira fase na que estaba prevista a construcción de “2 pistas de tenis, “skatepark”, 4 pistas de pádel e peche do perímetro” aseguran dende a Agrupación de Electores que será o concello quen asuma a construción das 3 pistas de tenis cunha achega de máis de 136.000, a Deputación financiará  con 471.719 € a pista de pádel e peche do perímetro e se desbota construír o skatepark.
Critican tamén a decisión de poñer un ascensor para persoas con mobilidade reducida por entender que serían máis axeitadas outras opcións como unha rampla de acceso á parte superior ou habilitar no fondo norte ou diante dos vestiarios vellos unha zona para persoas con mobilidade reducida e para os seus acompañantes. Aseguran que a decisión da alcaldía de optar polo ascensor ademais de resultar máis custosa economicamente (47.260 euros mais gastos de mantemento anuais) é menos segura e quedaría inutilizada no caso de corte no subministro eléctrico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará