Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manu Lourenzo será o candidato do BNG á alcaldía de Soutomaior

RR_Noticias

O actual portavoz dos nacinonlaistas neste concello, Fernando Herrero, deixa o cargo por circunstancias persoais. O novo candidato anuncia “unha candidatura para un cambio de goberno en Soutomaior, con moitas caras novas, formada e comprometida”.

Manu Lourenzo ten 35 anos é profesor de ensino secundario no IES Luís Seoane de Pontevedra. Dende moi novo empezou a militar no asociacionismo, na defensa da lingua, no movemento estudantil. Na actualidade ademais de concelleiro en Soutomaior é tamén membro da executiva comarcal da CIG-Ensino e coordinador do EDLG no seu instituto.
O BNG-asembleas abertas fará en Soutomaior “unha aposta pola renovación, por un equipo de persoas, que sen ser necesariamente militantes do BNG, son referentes en moitos ámbitos da sociedade: dende activistas da cultura, do traballo ou dos dereitos da muller ; até o ecoloxismo, o asociacionismo ou o rural”. Os nacionalistas presentarán un proxecto que segundo explica Lourenzo será “capaz de consolidar unha alternativa real, seria e honesta a un Partido Popular que tras 20 anos está máis preocupado de manter os seus privilexios que dos problemas dos veciños”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará