Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera critica a “incapacidade do goberno local” para sacar adiante o Plan Marisma Mais

RR_Noticias

O voceiro do PSOE en Redondela, Eduardo Reguera asegura que en catro anos os populares só foron capaces de sacar adiante tres das sete actuacións aprobadas por unanimidade no mandato anterior. Unha “xestión deficiente” que leva a renunciar entre outros proxectos ao centro de día de Trasmañó e ao paseo marítimo de Chapela.

O grupo municipal socialista a través do seu candidato Eduardo Reguera, criticou onte a decisión do goberno de Javier Bas de renunciar a catro dos sete proxectos contemplados dentro do Plan Marisma Máis financiado con 4,4 millóns de euros (3,1 procedentes dos Fondos Feder). Reguera fixo fincapé na decisión do goberno local de renunciar a obras como o paseo marítimo de Chapela, o acceso ás ruínas da fortaleza de Rande, o centro de día de Trasmañó ou o paseo marítimo de Cesantes, unha actuación esta última cuxo investimento se destinará a reforzar os muros da praia, unha obra que ao seu entender debería asumir Costas. Con todo, o voceiro dos socialistas foi especialmente crítico coa decisión do PP de renunciar ao Centro de Día que estaba previsto poñer en marcha nas instalacións do colexio de Trasmañó. Unha actuación orzamentada con 600.000 euros, que daría servizo a 32 usuarios nun concello que carece dunha atención pública a este sector da poboación e que crearía ademais 10 postos de traballo. Para Reguera esta decisión “é unha mostra máis da desatención dos servizos sociais por parte do goberno local”. Reguera entende que dende o goberno popular nestes anos de mandato tan só se prestou atención ao centro da vila “con importantes investimentos como a construcción do pavillón de deportes de A Marisma e un abandono absoluto das parroquias deixando de lado actuacións tan importantes como o paseo marítimo de Chapela”.  

Eduardo Reguera PSOE
Critica a falta de xestión do PP
Centro de día de Trasmañó
Unha mostra máis ao entender do PSOE da falta de interese dos populares polos servizos sociais
Abandono das parroquias
Os investimentos centráronse no centro urbano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará