Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arredor de Ana Frank, primeira actividade da Asociación Amigos das bibliotecas

RR_Noticias

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela pon en marcha a súa primeira actividade que xira en torno á conmemoración do 70 aniversario da morte de Ana Frank que tivo lugar no mes de  marzo de 1945 no campo de Bergen-Belsen, pouco antes de que éste fose liberado. Para participar só hai que inscribirse no enderezo amigosbibliotecasredondela@gmail.com e achegarse o día 6 de marzo ás 20:30 horas á Casa da Cultura para intercambiar pareceres sobre o libro El diario de Ana Frank.

“Arredor de Ana Frank” é o slogan que define esta actividade, aberta a todos os públicos previa inscrición, e na cal se debaterá, logo da lectura do mesmo, sobre o diario escrito pola moza ao longo de dous anos de cativerio xunto a súa familia antes de ser arrestada.
Para participar nesta iniciativa, que terá lugar o 6 de marzo na Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa) ás 20:30 h.. Os interesados poderán apuntarse enviando un correo electrónico a amigosbibliotecasredondela@gmail.com . O único requisito é estar interesado en intercambiar pareceres sobre o título elixido.
O debate contará coa dirección do coordinador dos clubs de lectura e a actividade organízase en colaboración coas bibliotecas municipais e a Fundación Filomena Rivero Alonso,
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará