Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate para o Chapela e nova vitoria para a SAR

RR_Noticias

A SAR Plastic Omnium está a amosar a súa mellor cara nesta segunda volta. Esta fin de semana facíao cunha nova vitoria ante o segundo da categoría, o Magope Seis do Nadal. Partido disputado na bomboneira no que os locais lograban un importante triunfo cun axustado 22-21. Peor lle foron as cousas aos de Chapela. O Construcciones Castro non lograba pasar do empate na súa visita ao campo do Bueu, nun partido no que os dous equipos lograron anotar 24 goles.

O Serviauto Bueu Atlético deu a sorpresa logrando un empate co Construcciones Castro. De feito, o resultado puido ser peor para os de Chapela que no descanso perdían o encontro por 14-11. Na segunda parte os de Fran Teixeira lograron remontar pero non foron que  de gañar o encontro que rematou co empate a 24 goles no marcador.
Na vindeira semana volven xogar fóra da casa, farano co OAR Coruña.
Pola súa banda a SAR ademais de brindarlles aos seus seareiros unha vitoria no partido disputado na bomboneira ante o Magope Seis do Nadal, este resultado sérvelle aos Redondela para empatara a puntos co Chapela. Nos postos 4 e 5 da categoría, a SAR defenderá o seu bo momento de xogo no campo do Lucero.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará