Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O RedondelaFS vence con comodidade

RR_Noticias

Os de Julio Mougán volveron amosar neste inicio da segunda volta que son merecedores de atoparse nos postos altos da táboa. Son terceiros, praza que defenderon novamente con éxito esta fin de semana nun partido disputado no pavillón de Redondela e no que os locais venceron cun cómodo 7-2 ante o Lume Bamboo. Na vindeira semana visitan o campo do Luar, equipo situado no decimo segundo posto da táboa.

Na autonómica sur milita tamén o Campito, equipo que perdía ante un dos fortes da categoría o Talleres ABC Vigo. 5-1 foi o resultado deste partido. A priori máis doado o terán os de Chapela na vindeira semana, xa que ademais de xogar na casa reciben a un dos equipos máis febles do grupo, o Mondariz, situado nos postos baixos.
Na liga galega Norte. O Arealonga fixo os deberes na súa visita ao campo do Lodairo. O conxunto de Chapela vencía por 1-2. Un bo resultado que os deixa co ánimo elevado para enfrontarse na vindeira semana ao líder do grupo. Reciben en Chapela ao J.Pombo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará