Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fundación Filomena Rivero propón dedicarlle unha rúa a Rita Otero

RR_Noticias

Logo de ser nomeada Persoeira do ano 2014, esta fundación propón que se lle dedique á que fora esposa do industrial José Regojo un espazo público que estaría ubicado no treito da rúa Padre Sarmiento, fronte ao Pazo de Petán. A proposta, debatida na comisión de interior, conta co aval tanto do goberno municipal como do PSOE, mentres que o BNG amosou a súa oposición por entender que “non existen argumentos de peso para adicarlle un espazo público a Rita Otero”.

Na convocatoria da Comisión de interior celebrada onte recollíase, como un dos puntos da orde do día, o estudio da proposta presentada pola Fundación Filomena Rivero, para adicarlle un “espazo público” a Rita Otero. Solicitábase o treito da rúa Padre Sarmiento, fronte ao Pazo de Petán, para cambiar esta denominación.
Segundo explican dende o BNG “a proposta conta co aval tanto do goberno municipal, como do grupo socialista, AER anunciou que estudiaría a proposta” mentres que o BNG a través do seu representante na comisión Xoán Carlos González, anunciou o rexeitamento do seu grupo a unha proposta que consideran “de dubidosa oportunidade”. O BNG xa amosara a súa disconformidade coa decisión de dedicarse o ano 2014 a Rita Otero ao non considerar que existiran méritos suficientemente acreditados para apoiala e entenden que as propostas deste tipo deben contar cun consenso de todas as forzas sociais e políticas, ademais de argumentos suficientemente contrastados para avalalas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará