Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a tramitación do proxecto de transporte metropolitano

RR_Noticias

Anuncia a súa negativa a apoiar o proxecto da Xunta para poñer en marcha o plan de transporte na área metropolitana por entender que non se está achegando aos grupos da oposición información necesaria para valorar un proxecto que lle custará ao concello máis de 50.000 euros anuais. Os grupos da corporacións deberán decidir o martes nun pleno extraordinario ás 20:00 horas si apoian ou non a proposta do goberno galego.

Malia a confianza amosada dende o PP local a que a proposta contaría co apoio dos grupos da oposición, a Agrupación de Electores anunciou a súa intención de desmarcarse de dito proxecto. Explican dende AER que “é necesario apostar polos servizos públicos de transporte colectivo, como o autobús e o tren de proximidade” pero amosan a súa desconfianza ante o convenio elaborado pola Xunta de Galicia para implantar o transporte metropolitano na área viguesa. Un convenio que  deberían aprobar os 13 concellos implicados o vindeiro martes 27. Sen embargo, AER adiantou a súa negativa a apoiar este procedemento por entender que non se lles está chegando a información necesaria para valorar a súa idoneidade xa que non se lles presentou “nin o informe xurídico de secretaría, nin da Xunta e non existe informe do servizo de intervención que fundamente a viabilidade deste custe engadido” valorado en 50.000 euros anuais. Esa é a contía que o Concello de Redondela debería achegar para poder sumarse a este plan de transporte que permitirá aos usuarios do autobús que fai o traxecto Redondela-Vigo pagar un 45% menos no seu billete de autobús, xa que si actualmente custa 1,55 euros, a partir de abril -de cumprírense as previsións que manexa a Xunta- os usuarios terán que abonar 0,84.
Dende AER entenden tamén que o proceder do goberno galego neste asunto amosa unha “falta de respecto absoluto aos representantes da cidadanía, dado que publican unha proposta que debendo ser aprobada polos respectivos plenos, sae na prensa como un feito consumado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará