Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo de teatro Alecrín de Ribadumia presenta en Chapela a obra “Un Bulto negro”

RR_Noticias

Unha actividade que forma parte do ciclo de teatro que organiza a Asociación Cultural da parroquia e que presentará durante tres sábados consecutivos diferentes propostas escénicas que se poderán ver os sábados 24, 31 e 7 de febreiro no Multiusos do Piñeiral do Crego ás 20:00 horas.

Por terceiro ano celébrase en Chapela este ciclo de teatro afeccionado que arrancou a mediados de mes cunha proposta para o público infantil. Logo do éxito de público desa primeira actuación, esperan agora repetir cunha proposta que chega dende Ribadumia. A compañía de teatro Alecrín porá en escena este sábado ás 20:00 horas a obra “Un bulto Negro. A seguinte compañía en subirse ao escenario é o grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior. Un dos seus actores, Santiago Darroza é tamén o organizador do ciclo. O ciclo pecharase o 7 de febreiro co grupo do Centro Cultural de SanFins de Rebordáns quen porán en escena o título “Compravenda”. A entrada para todos os pases será de balde, con venda de rifas para un sorteo.  

Santiago Darroza coordinador do ciclo
Fálanos da obra do sábado 24
Fonte da Tella de Soutomaior
Actuan o sábado 31

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará