Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica que o Concello pague 60.000 euros para derrubar un edificio propiedade de Fenosa

RR_Noticias

O equipo do goberno do PP asinou un convenio coa empresa eléctrica para derrubar o edificio que se atopa no inicio do Paseo da Xunqueira. En base a dito convenio o concello comprométese a asumir o 40% do custe da súa demolición, cantidade que ascende a 59.609,76 €. A Agrupación de Electores cuestiona tamén a decisión de derrubar unha edificación que ao seu entender podería destinarse a diferentes usos sociais.

No convenio asinado polo Concello acórdase o derrubamento da edificación cando malia o seu estado e segundo explican dende AER poderíanselle dar moitos usos como por exemplo destinalo a local de Servizos Sociais, actualmente situados nun local ao que non poden acceder comodamente as persoas con mobilidade reducida, ou destinalos a local social para uso e servizo de diferentes asociacións.
Con todo, as críticas principias da Agrupación de Electores céntranse no feito de que o Concello asuma o 40 % do custe das obras “que comprende tanto a obra civil (derrubamento da vivenda) como a obra eléctrica (obras para levar a cabo o soterramento das instalacións)” cando ao seu entender debería ser o propietario, neste caso a empresa Fenosa, quen asumira a totalidade do custe.
O Concello comprométese a abonar a cantidade de 59.609,76 €, cantidade que se o dividimos entre os 336 m2 que ten a parcela, o resultado é que o Concello está pagando o terreo a 177, 41 €/m2, un prezo moi elevado “tendo en conta que se trata dun terreo con diversas afectacións: linda co río Alvedosa, moi próximo á ría, e cunha instalación eléctrica”. Entenden polo tanto que de comprarse o terreo, deberíase pagarse tendo en conta todas as súas afectacións.
Finalmente reclaman ao goberno que consensúe co resto dos grupo o uso que se lle vai dar a este terreo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará