Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Indignación entre os afectados da AP-9 polo apoio da conselleira de Medio Ambiente á ampliación

RR_Noticias

As palabras de Ethel Vázquez na súa visita a Redondela nas que amosaba o seu desexo porque as obras de ampliación da autoestrada e a Ponte de Rande “comecen o antes posible por tratarse dunha actuación importante que repercutirá positivamente na economía da área metropolitana e na mobilidade dos veciños” causan malestar entre os afectados que manteñen que se trata dunha obra “innecesaria, faraónica e que non solucionará os problemas de tráfico”.

César Domínguez, da Asociación de afectados critica a incoherencia amosada neste asunto polo PP “que cando estaban na oposición rexeitaba esta obra e defendía a circunvalación e agora aplaude a súa realización de xeito inmediato” Dende a asociación continúan traballando na defensa dos expropiados para que “os propietarios das 8 casas que van ser derrubadas reciban unha cantidade xusta que lles permita acceder a outras vivendas en condicións semellantes sen teren que hipotecarse”. Nese sentido, están á espera de que se resolvan as alegacións presentadas e nas que argumentaban que “no Boletín Oficial do Estado do 2010 no que se incluían as expropiacións tan só se incluía unha vivenda e non as 8 casas que agora se van ver afectadas”. Sobre os prezos propostos por Fomento no levantamento de actas previas e que ascendían a 8 euros o metro cadrado polas fincas rústicas e 90 euros polas edificables, explica Domínguez que non foron aceptados polos prexudicados “quen continúan á espera dunha nova valoracións por parte do Ministerio”. E mentres avanzan os trámites para o inicio das obras logo de que o BOE publicara a adxudicación das obras ás empresas Dragados e o grupo Puentes y calzadas. O tramo afectado polas obras será de 5,9 kilómetros e suporá o ensanchamento da ponte así como do tramo que vai dende Rande a Teis. O custe estimado é de 130 millóns de euros.  

César Domínguez Asociación de afectados
Amosa o malestar polas palabras de Ethel Vázquez
Alegacións ás expropiacións
Están á espera da resposta de Fomento
Prezos xustos
Os propostos ata o de agora non foron aceptados polos prexudicados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará