Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha cata organizada por Flores Mareliñas pon en valor os viños espumosos galegos

RR_Noticias

O Restaurante Praia Arealonga acolle este serán a V cata de viños “Solsticio de Inverno, Esencias Galegas”, impartido pola Sumiller Mercedes González. A calidade e variedade dos caldos galegos centrará a demostración, que comezará ás 20.30 horas.

Victor Castro, da directiva da Asociación Froles Mareliñas, entende que se trata dunha actividade “pouco habitual” nas asociacións culturais e sociais da contorna, e que desde Chapela queren poñer en valor. Comezaron hai cinco anos con catas “máis tradiocionais” de viños con Denominación de Orixe Ribeira do Douro, ou Rioxa, para pasar a caldos “máis descoñecidos”. Os viños galegos son agora os protagonistas, coas diferentes D.O. Da comunidade, entre os que destacan os espumosos. Uns viños que nestas festas non faltan nos brindes de ningunha mesa. O cava catalán é o máis coñecido, xunto coa champaña francesa, pero é tempo de descubrir “os da terra”. Son un total de vinte os espumosos galegos que podemos atopar no mercado para brindar nas festas, das denominacións Rías Baixas, Valdeorras e o Ribeiro, que elaboran trece adegas galegas. Ademais da cata, Froles Mareliñas mantén aberta a inscrición nas súas actividades de música e baile tradicional para nenos e adultos, logo das xornadas de portas abertas que celebraron ao longo desete mes de decembro.  

Victor Castro
A cata deste serán servirá para dar a coñecer os viños espumosos galegos.
Actvidades culturais
Froles Mareliñas mantén aberta a inscrición nos cursos de baile e música tradicional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará