Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o festival de monólogos Lareta co espectáculo “A filla de Woody Allen”

RR_Noticias

A función, inicialmente prevista para o sábado 20 de decembro, representarase o vindeiro domingo 28 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela e correrá a cargo da compañía Ibuprofeno Teatro.

O punto de partida desta comedia teatral monologada é o inicio dunha viaxe, a que fai a protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork, que toca o clarinete e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Mostra o percorrido vital desta moza loitadora, incansable e vitalista.
Marián Bañobre protagoniza este monólogo sobre un texto de Santiago Cortegoso, que afonda na procura da propia identidade e da felicidade.
As entradas poderanse adquirir nos multiúsos de Redondela e Chapela dende o venres 26 de decembro, ao prezo de 5 € (3 € para estudantes e xubiladas).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará