Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebrou tres días de festa do balonmán co Memorial Gerardo Méndez

RR_Noticias

Deporte, amizade e moita emoción a vivida no pavillón municipal por parte do Balonmán Chapela no seu Torneo de Nadal 2014, Memorial Gerardo Méndez, cita na que se lembrou a figura do adestrador e xornalista.

Méndez, que adestrou durante anos ao combinado feminino de Chapela, foi unha figura importante deste deporte, que sempre apoiou tanto desde Redondela como en toda a área metropolitana de Vigo. Como nos dous primeiros días, o domingo tamén estivo dedicado a partidos de base entre os equipos do propio Chapela, o Moaña e a SAR de Redondela. Pero o broche de ouro foi o partido que enfrontou a xogadoras de varias xeracións que estiveron ás ordes de Gerardo, e que se volveron reunir para renderlle unha sentida homenaxe.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará