Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A filósofa Mercedes Expósito fala de Igualdade no acto de presentación de A Voz de Lenda

RR_Noticias

Os usuarios de Lenda presentan este venres no Multiusos da Xunqueira un novo número da súa revistas que ten como argumento principal a Igualdade. Un acto que se desenvolverá ás 20:00 horas de mañá e que contará cunha charla coloquio a cargo de quen foran durante anos profesora de filosofía en Redondela Mercedes Expósito. Un acto que rematará cunha actuación a cargo do grupo dos Mércores Musicais.

O traballo incansable dos usuarios de Lenda en torno ao equipo redactor da revista fan posible que este venres se presente o que é xa o seu número 29. nesta ocasión elixiron como tema argumental a Igualdade. A presentación terá lugar na sala de exposicións do Multiusos, espazo no que se desenvolverá un acto que contará coa intervención da filósofa Mercedes Esxpósito que conversará cos asistentes en torno a diferentes aspectos relacionados coa igualdade. Os usuarios de Lenda que traballan no Centro ocupacional da asociación estarán ademais esta fin de semana na Feira de artesanía que se vía desenvolver na praza da Constitución.  

Jaime Figueroa Lenda
Fálanos do acto do venres
José Luis Ezama equipo redactor
Explica cal é o contido do número 29

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará