Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden que o transporte escolar se adapte ao horario dos centros educativos

RR_Noticias

Dende o BNG denuncian que a falta de autobuses obriga a realizar varias quendas tanto no Instituto Mendiño como no Colexio de Quintela. Esta situación implica que os rapaces nalgúns casos teñan que chegar ao centro con media hora de antelación e noutros teñan que agardar ata as 14:30 para poderen regresar aos seus domicilios. Os nacionalistas solicitan no Consello escolar que se celebra mañá que dende o concello se artellen medidas para solucionar esta situación.

O transporte escolar do IES Mendiño e do CEIP Quintela está atravesando unha situación que dende o BNG consideran “que volve a poñer o ensino público en xaque”. Aseguran que ao redor de trinta rapaces de secundaria, e outros tantos de primaria vénse afectados diariamente pola modificación do horario do autobús.
Explican que dende o mes de novembro o transporte do Mendiño cóbrese con dúas quendas de viaxe pola mañá e outras dúas a mediodía. Unha situación que obriga a  anticipar a entrada media hora na primeira quenda e a atrasar outra media hora as saídas. Así, hai rapaces que están no centro escolar dende as oito da mañá, mentres outros non saen ata as 14:30, unha situación que se agrava os luns, xornada na que os rapaces volven entre pola tarde 16:15 horas.
A mesma empresa realiza o servizo para o alumnado de Quintela o que significa que se atrasa arredor dun cuarto de hora na saída. En ocasións estes nenos de menos de 12 anos están chegando ás súas casas máis alá das tres e cuarto da tarde.
Por todo isto, o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González solicitou que este asunto se debata no Consello Escolar Municipal que se celebra mañá co obxectivo de buscarlle unha solucións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará