Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para se inscribir no programa de conciliación “Nadal con Simona”

RR_Noticias

Os rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos poderán participar deste programa na quincena do 22 de decembro ao 2 de xaneiro. As actividades desenvolveranse n horario de 9:30 a 13:30 en oito parroquias do municipio e para participar é preciso presentar a ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Redondela antes do xoves día 18.

Esta convocatoria da Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, conta cun total de 165 prazas, que serán adxudicadas por rigoroso orde de entrada da Ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello, reservando 6 prazas para menores con necesidades educativas especiais.
Os principais obxectivos desta actividade son fomentar e favorecer a conciliación de responsabilidades familiares e laborais nas familias do noso concello durante estas vacacións de Nadal e incidir e participar no desenvolvemento integral da infancia a través do xogo coeducativo, dando especial importancia á igualdade, á convivencia, ao respecto, á solidariedade ou á creatividade, entre outros.  Este ano, e continuando coa liña do Programa Municipal de Conciliación, ademais das actividades lúdicas e de ocio, os rapaces e rapazas poderán gozar tamén con actividade física lixeira, adaptada aos seus gustos.
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para nenas e nenos de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano. O Programa desenvolverase durante os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2014 e 2 de xaneiro de 2015 en oito parroquias:
– Cedeira: Centro cultural de Cedeira, con 15 prazas.
– Cesantes: Centro cultural de Cesantes, con 15 prazas.
– Chapela: Multiusos, con 30 prazas.
– Negros: Asociación de veciños de San Esteban de Negros, con 30 prazas.
– O Viso: A Teixeira, con 15 prazas.
– Redondela: Multiusos, con 30 prazas.
– Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas, con 15 prazas.
– Ventosela: Asociación deportivo cultural Miñoteira, con 15 prazas.
O prazo de inscrición ábrese hoxe venres 12 de decembro e remata o xoves 18 de decembro (incluído).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará