Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mobilizada a policía por un caso de violencia de xénero en Vilar

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar na xornada de onte logo de que unha muller fora agredida pola súa ex parella, un home que sería detido horas despois no municipio de Tui. Segundo os poucos datos que trascenderon do sucedido, a muller agredida sería unha veciña de Vilar de Infesta que logo de denunciar a súa ex parella nas dependencias da Policía Nacional foi agredida por esta persoa. Logo de chamar á policía o presunto agresor tería fuxido sendo detido horas despois na localidade tudense.

Unha actuación policial ante un caso de violencia de xénero no noso concello que se coaba tamén no pleno municipal celebrado onte en Redondela. A concellería de Servizos Sociais e Igualdade, Teresa París facíase eco do acontecido e lamentaba uns feitos que se producen nunha semana na que precisamente se están a desenvolver diferentes actividade enmarcadas na celebración do 25 de novembro día contra a violencia de xénero. De feito na xornada de hoxe continúan as actividades organizadas pro este departamento cunha charla que se vai desenvolver ás 17:30 horas na Asociación Deportivo Cultural Miñoteira. Unha charla baixo o título Respéctate a ti mesma a cargo de Marina Iglesias, Directora e psicóloga do Centro de Información ás Mulleres (CIM).  

Teresa París Concelleria de Muller
Iniciaba o pleno facendo referencia a este caso de violencia de xénero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará