Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece un motorista de Chapela nun accidente na Avenida de Vigo

RR_Noticias

Un mozo de tan só 27 anos de idade perdía a vida na tarde de onte logo de que a motocicleta que conducía colidise contra un turismo á altura do número 187 da Avenida de Vigo.

O suceso produciuse ás cinco da tarde cando o condutor da motocicleta, unha Yamaha R1 rozase no lateral dunha furgoneta que circulaba cara Vigo. A consecuencia deste impacto o condutor perdeu o control da moto que terminou chocando contra un Citroen Xsara que saía dunha praza de aparcamento. O piloto da motocicleta saíu despedido contra a parte traseira do vehículo e falecía pouco despois nun centro hospitalario de Vigo. O mozo D.F.L. tiña 27 anos e era veciño da parroquia de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará