Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pospón a construcción do paseo de Cesantes ante a falta de orzamento

RR_Noticias

A partida de 221.000 euros contemplada no plan Marisma Mais para o acondicionamento dun paseo de 250 metros no litoral de Cesantes investirase finalmente no reforzamento dos muros de pedra que quedaron derruídos polos temporais do inverno pasado. A concelleira de Facenda, Ana Alonso asegura que o carril bici e a urbanización do paseo realizarase nunha fase posterior xa que a obra total ascende a un millóns de euros.

A edil explicou no pleno municipal de onte que os efectos dos temporais de hai una ano obrigan a reformular o proxecto inicial e que contemplaba o investimento de 221.000 euros no acondicionamento dun tramo de 250 metros que estaba previsto dotar de mobiliario urbano, iluminación e de carril bici. Unha dotación económica que agora hai que destinar a reforzar os muros da praia deixando para unha fase posterior a totalidade do proxecto que ascendería a un millóns de euros. Unha modificación do proxecto inicial que onte era levado a pleno e que non contou co apoio do resto dos grupos. A Agrupación de Electores optou por votar en contra, mentres que PSOE e BNG se abstiñan na votación. A nacionalista Cecilia Pérez argumentaba o posicionamento do seu grupo “pola falta de claridade sobre que é o que se vai facer e por termos moitas dúbidas sobre a actuación que se pretende acometer nun espazo tan sensible como é o litoral”. Os socialistas criticaron “a lentitude e a incapacidade do goberno local para a xestión deste proxecto” xa que os efectos dos temporais eran patentes a finais do pasado inverno e demoráronse varios meses en realizar o cambio de finalidade “malia os prazos tan axustados que require o Marisma Máis.  

Ana Alonso PP
Explica o cambio do investimento
Cecilia Pérez BNG
Critican o oscurantismo do proxecto
Luis Orge PSOE
Acusa os populares de lentitude na xestión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará