Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela tras entrar pola forza nun comercio da rúa Ribeira

RR_Noticias

O mozo, de 28 anos de idade e veciño de Redondela, foi sorprendido “in fraganti” pola policía logo de que os axentes se desprazaran ao lugar tras ser alertados da presenza “dun individuo en actitude sospeitosa”. O detido paso a disposición do xulgado número de 2 de Redondela acusdo dun delito de roubo con forza.

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de vinte e oito anos de idade veciño de Redondela por un delito de roubo con forza. Os feitos tiveron lugar á primeira hora da noite, cando se recibe unha chamada na que informan da presenza na rúa Ribeira dun individuo en actitude sospeitosa.
Unha vez no lugar os axentes comprobaron que unha porta dun comercio presentaba marcas de forzamento na súa parte inferior. Xa no interior do local descubriron a un home coa cara parcialmente tapada que tentaba esconderse dos policías.
O home foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se comprobou que carecía de antecedentes policiais. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 2 dos de Redondela en funcións de garda.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará