Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A rebaixa do IBI permitirá aos propietarios abaratar os recibos unha media de 20 euros

RR_Noticias

A medida proposta polo goberno local foi aprobada nun pleno extraordinario celebrado onte cos votos a favor de PP, PSOE e BNG e a abstención do edil de AER. Todas os grupos da oposición cualificaron a medida de electoralista e criticaron aos populares “levar a proposta a pleno de xeito urxente e a tan só seis meses das eleccións municipais”.

O pleno aprobou a proposta de rebaixar o tipo impositivo do IBI ao mínimo establecido por lei pasando do 0,44 actual ao 0,40, unha medida que permitirá abaratar lixeiramente os recibos da urbano no vindeiro ano. Todos os grupos malia amosar o seu apoio a unha proposta encamiñada a rebaixar este imposto municipal criticaron “a urxencia e falta de planificación do goberno local” por levar este asunto a un pleno extraordinario e a tan só unhas semanas de que acabe o ano. O edil de AER, Alfonso Blanco lembraba que dende o inicio do mandato dende a oposición xa se tiña reclamado en numerosas ocasións que a revisión do IBI fose debatida en profundidade. Os nacionalistas insistiron no “carácter electoralista da medida, presentada a tan só seis meses dunhas eleccións municipais co obxectivo de venderlles aos veciños que o PP baixa os impostos” en palabras da edil Cecilia Pérez Orge. No mesmo sentido se manifestaba o socialistas Leonardo Cabaleiro, quen acusaba ao goberno local de “chegar tarde cun obxectivo claramente electoralistas e plaxiando unha medida propostas polo PSOE hai quince días. Críticas que como non podía ser doutro xeito rexeitaban os populares. Ana Alonso, concelleira de Facenda aseguraba que esta medida estaba xa previstas na folla de ruta que segue o PP dende a súa chegada á alcaldía e que se adopta agora “porque é cando temos os padróns actualizados e cando a situación económica do concello o permite”. Insistía en que o obxectivo é “axustar os impostos ás posibilidades reais dos veciños”. Finalmente a proposta foi aprobada coa abstención de AER, agrupación que demandou máis medidas encamiñadas a que se de fagan discriminación por rendas ou atendendo a situación económica de cada veciños e non, como neste caso, rebaixas que afectarán do mesmo xeito a todos os propietarios independentemente da súa capacidade económica.    

Alfonso Blanco AER
Critica que as modificacións de impostos non pasen por comisión de análise
Cecilia Pérez BNG
Insiste no carácter electoralista da medida
Leonardo Cabaleiro PSOE
Acusa aos populares de plaxiar as propostas dos grupos da oposición
Ana Alonso PP
Defende o momento e o xeito de facer a modificación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará