Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea ao Alondras e volve ao liderado

RR_Noticias

Están de volta. Os homes de Jacobo Montes recuperaron o instinto goleador e demostrando o seu bo estado de forma. Ante o Alondras, outro dos equipos fortes desta liga, confirmaron que están no máis alto por méritos propios. Os tres puntos serven ao Choco para volver ao liderado, que comparten co Cerceda, co que se enfrontan o domingo.

Terceira División
Choco 3-1 Alondras
O Choco é un equipo que sabe cal é o seu xogo, e demostrouno onte en Santa Mariña. Gonza abriu a lata moi pronto, case cando o público aínda non se acomedora, demostrando a intensidade e a actitude do equipo choqueiro. O gol, no minuto 5, púxolle as cousas de cara aos de Montes, aínda que o Alondras non baixou os brazos, e foron en todo momento a polo partido. Pero a falta de profundidade dos de Cangas e a boa defensa local, evitaron que os de Josiño Abalde dispuxesen de ocasións claras na primeira metade. E no minuto 21 Hugo poría o segundo tanto tras un pase de Gonza, que deixaba noqueados aos do Morrazo. Con ese resultado de dous a cero e coa afección entregada chegaríase ao descanso. Tras o paso polo túnel de vestiarios o Alondras saíu máis metido, con ánimo de entrar pronto no encontro, buscou marcar nos primeiros minutos. Os de Abalde tiveron as ocasións, ante un Choco que se amosaba conservador co resultado. O Alondras perdoou, e no minuto 67 Silva, nunha gran xogada individual, zafouse de ata tres rivais e chegou á meta, para poñer o 3-0 e sentenciar o encontro. Andrés marcaría o gol da honra para o Alondras nos últimos minutos do encontro. O próximo domingo o Choco protagonizará o que se prevé como o partido da xornada, xa que se despraza a Cerceda, onde se enfrontan os co-líderes.
Segunda Autonómica

At. Matamá 2-2 Choco B
Reparto de puntos entre o filial do Choco e At. Matamá, que reflectiron no resultado a igualdade no terreo de xogo. O Choco B queda na 5ª praza, o Matamá 4º. Os de Redondela terán ocasión de seguir sumando o próximo domingo, xa que recibe ao pechacancelas, o Sampayo.
Catoira 3-5 Arcade
Os dous equipos chegaron ao encontro empatados a puntos, e o partido tivo moitas alternativas. Adiantouse o Arcade, pero o Catoira deulle a volta ao marcador antes do descanso. Na segunda parte os de Soutomaior volveron poñerse por diante e sentenciou o encontro a falta de cinco minutos para o final. Os goles locais foron de Enrique, Martín e Alejandro, e os do Arcade de Abraham, Javier, Lucas e Raúl, en dúas ocasións. Na próxima xornada o Arcade recibe ao Cuntis, situado na parte alta da táboa.
Terceira Autonómica

Campañó 7-0 Cesantes
Os redondeláns, máis afundidos na metade baixa da táboa, non puideron cun dos equipos máis fortes do grupo. Tres goles de Moncho, dous de Dieguillo, un de Mario e un de Alvariñas déronelle o triunfo ao Campañó, que foi moi superior aos redondeláns, que apenas chegaron á área rival. Na próxima xornada reciben ao filial do Sampayo, situado no ecuador da táboa.
Nieto 0-1 Chapela
O Chapela arrebatoulle o liderado ao Nieto. Os vigueses xogaron un partido intenso, pero o Chapela soubo aproveitar moi ben as súas oportunidades e defenderon o resultado, acadando unha vitoria pola mínima. A próxima xornada reciben ao Sta.Eulalia, situado na metade da clasificación.
Beretes Chapela 0-1 Coia
O Peña Beretes non puido cos vigueses, que os igualan agora na clasificación logo de saber aproveitar moi ben as súas ocasións, e gañar pola mínima. A próxima xornada Mosende-Beretes Chapela.
Caselas B 3-2 Vilar
Os redondeláns baixan unha posición, ata a 6ª praza do grupo, logo da derrota no campo do Caselas B, que os adianta agora na táboa. Na próxima xornada os redondeláns reciben ao líder do Grupo 17, o Pontellas B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará