Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Operarios municipais retiran da estrada da praia un poste da luz que interrompía o tráfico

RR_Noticias

Operarios municipais procedían a retirar na xornada de onte un poste do servizo eléctrico que se derrubaba sobre a estrada, na baixada á praia de Cesantes. Non hai que lamentar danos nin persoais nin materias xa que no momento no que se produciu o suceso non transitaba ningún vehículo polo lugar. A circulación e a normalidade quedou restituída xa pola mañá.

Os feitos tiveron lugar sobre as doce do mediodía. O poste cedía e precipitábase sobre a estrada na baixada á praia da punta en Cesantes. Pouco despois desprazáronse ao lugar os electricistas municipais e operarios do Concello quen procederon a retirar o posta, que quedara cruzado na estrada e restituílo ao seu lugar. 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará