A Fundación Filomena Rivero e a Biblioteca municipal organizan o sábado 13 de decembro unha actividade orientada a nenos de 7 a 10 anos co gallo da conmemoración do 130 aniversario do segundo viaduto de Redondela e do ferrocarril entre Pontevedra e o noso concello. Unha activiades de balde para a cal é preciso inscribirse no 986 40 15 61.
“Cruzando o Viaduto” é o nome desta activiade que se vai desenvolver o segundo sábado de decembro e que permitirá aos rapaces coñecer a historia desta emblemática infraestrutura inaugurada no ano 1884.
Os participantes coñecerán un dos episodios máis relevantes da historia contemporánea de Redondela como principal enclave ferroviario da provincia de Pontevedra e saberán un pouco máis sobre os viadutos, pezas esenciais do perfil e a paisaxe da vila e durante moitos anos as obras de enxeñaría máis vistosas de toda a provincia.
Ademais da viaxe en tren os rapaces visitarán a sede da Asociación de Amigos do Ferrocarril.