Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura suspende as actividades no Multiusos polo estado do auditorio

RR_Noticias

Butacas cubertas con plásticos e auga escorregando polas paredes é o estado que presenta o auditorio da Xunqueira logo das últimas xornadas de precipitacións. Unha situación que dificilmente se vai arranxar a curto prazo motivo polo que todas as actividades previstas pola Concellería de Cultura e que se ían desenvolver neste lugar xa foron trasladadas ao Piñeiral do Crego en Chapela. O BNG solicita explicacións ao goberno local e a convocatoria urxente da xunta de voceiros.

Previsiblemente o auditorio do Multiusos da Xunqueira quedará inhabilitado durante os vindeiros meses. A día de hoxe faise imposible desenvolver neste lugar calquera tipo de actividades coas butacas cubertas de plásticos para evitar o seu deterioro e o escenario chorreando auga dende que se iniciaran os traballos de reforma da cuberta do edificio.
Os primeiros damnificados desta situación serán os espectáculos que estaba previsto desenvolver nese espazo esta fin de semana. Así o venres o concerto de Paco Nogueiras
“Brinca Vai” desprazouse xa ao Multiusos do Piñeiral en Chapela. Do mesmo xeito, dende Normalización Lingüística comunicaron xa que o Lareta, o ciclo de monólogos que arranca este mesmo sábado coa actuación de Carlos Meixide, realizarase tamén en Chapela.
Críticas do BNG
Ante esta situación o BNG ven de solicitar a convocatoria urgente da Xunta de voceiros para que o alcalde informe sobre a situacións do edifico e se adopten medidas consensudadas. Os nacionalistas cualifican de “auténtica trincheira” o estado do Multiusos “parte do teito do auditorio caído e auga caendo a chorros  por un sistema de iluminación recén estreado, o chan de madeira levantándose; corredores anegados, o almacén da biblioteca cuberto con plásticos, unha situación cuxos efectos poden prolongarse nos vindeiros meses.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará