Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Cabalos e lobos” de Fran P. Lorenzo premio Blanco Amor

RR_Noticias

O xornalista vigués actualmente afincado en Santiago de Compostela foi o gañador da XXXII edición do premio Blanco Amor de novela longa convocado este ano polo Concello de Redondela e dotado con 12.000 euros.

A concesión deste galardón deuse a coñecer hoxe nun acto na Casa da Cultura de Redondela no que procedeu á apertura da plica revelándose así que detrás da novela “Cabalos e lobos” se agochaba o nome do xornalista vigués, Fran P. Lorenzo. En presenza do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o Director Xeral de administración local Alberto Pazos e o alcalde Javier Bas, un dos membro do xurado Camino Noia Campos era a encargada de desvelar o nome do autor da obra que de xeito unánime recibiu o apoio do xurado. Un total de 40 obras aspiraban a este galardón que botou a andar no ano 1981 por iniciativa do concello de Redondela e co se pretende render homenaxe a unha das grandes figuras da literatura do noso país, Eduardo Blanco Amor. Nesta edición, cuxa organización foi asumida polo Concello de Redondela, a obra galardoada lévanos ata o Vigo dos anos da II Guerra Mundial e malia tratarse dun autor masculino está narrada por unha muller de mediana idade. O xurado salientaba a elevada participación “o que acredita o moito que se escribe en Galicia e en galego” así como a calidade das obras presentadas. Camino Noia lamentaba de feito non poder conceder un segundo ou terceiro premio a outros títulos que tamén participaron na convocatoria. Uns premios consolidados tanto polo interese que espertan entre os autores como polo propio interese de facer novas convocatorias en anos futuros malia as dificultades que nesta edición tiveron para atopar organizador, dado que cada ano esta labor recae nun concello diferente. Alberto Pazos confirmaba que hai xa municipios interesados en convocar este certame o vindeiro ano.    

Camino Noia Xurado do Blanco Amor
Amosa a súa sorpresa ao desvelar o nome dogalardoado
Elevada participación
40 traballos e moitos deles de gran calidade
Javier Bas alcalde
Redondela recuperaba a organización nesta XXXIII edición
Alberto Pazos Administración Local
Confirman a continuidade dos premios con novos candidatos para convocalos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará