Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican o investimento de 3.000 euros en mandís dentro dunha campaña de promoción da igualdade

RR_Noticias

O BNG asegura que a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela solicitou á secretaría xeral a compra de mil mandís para “iniciar unha campaña a prol da igualdade”. Para desenvolver esta campaña investiríanse un total de 3.025 euros, un investimento que consideran “superfluo” tendo en conta ademais que se destina a prevencións da violencia de xénero unha cantidade menor: 2.800 euros.

Na solicitude de subvencións á Secretaría Xeral de Igualdade, o Concello de Redondela incluía, segundo explican os nacionalistas “catro actuacións enmarcadas na promoción da igualdade de xénero, dúas delas orientadas á “prevención e tratamento integral da violenza contra as mulleres” co desenvolvemento de obradoiros de igualdade nos centros educativos por valor de dous mil euros e obradoiros de benestar e autonomía persoal para mulleres vítimas de violenza para o cal se pedía á Secretaría Xeral unha colaboración de 1.224€, mentres que o concello chegaría 140€.
As críticas do BNG chegan coa solicitude dunha cantidade superior para a compra 1.000 delantais para segundo o escrito presentado pola Concellería “iniciar unha campaña a prol da igualdade para visibilizar os feitos e logros conseguidos no eido da igualdade”. En total, investiríase nesta campaña 3.025€.
Entenden os nacionalistas que con estas actuación o goberno local decántase “por actuacións que pouco ou ningún impacto van ter na erradicación da violencia de xénero e critican tamén un investimento nun gasto que cualifican de “superfluo”.
 
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará