Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de aplicador de produtos fitosanitarios

RR_Noticias

O concello de Pazos de Borbén acaba de abrir o prazo de inscrición para o Curso de Aplicador de Produtos Fitosanitarios dirixido a agricultores profesionais e particulares do municipio. Trátase dunha acción formativa de nivel básico, cun total de 25 horas lectivas, enfocada aos veciños maiores de 16 anos que dispoñan de hortos e explotacións agrícolas. Unha acreditación necesaria a partir do ano que vén para profesionais e particulares que utilicen estes praguicidas.

O obxectivo deste curso é dotar aos alumnos e alumnas dos coñecementos e habilidades prácticas necesarias para a correcta manipulación destes produtos e facilitar a obtención da citada acreditación.
Este curso está recoñecido como un ciclo de nivel básico, ao ser de 25 horas presenciais, e está dirixido ao persoal auxiliar de tratamentos terrestres e aéreos, de establecementos de almacenamento, venda ou distribución de produtos, ademais da os agricultores que os utilicen na súa propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando praguicidas non clasificados como moi tóxicos.
O prazo de inscrición permanecerá aberto até cubrir todas as prazas dispoñibles, polo que non se aconsella demorar a solicitude. O ciclo ten un custo de 45 euros e dará comezo en canto reúnase o número mínimo de alumnos. As clases impartiranse no salón de actos do Concello en horario de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas en recibir máis información ou presentar a súa solicitude deberán dirixirse ás oficinas do Concello de Pazos de Borbén ou no teléfono 986 497 035, á atención de Isabel.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará