Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cara e cruz para o balonmán local

RR_Noticias

A SAR Plastic Omnium impúxose con claridade ao Cinco Jotas (34-21) e consolídase na metade alta da táboa. Menos sorte correu o Castro Chapela, os de Teixeira non puideron co Luceros nun partido moi igualado (28-27) e perden a segunda praza da Primeira Nacional.

SAR Plastic Omnium 34-21 Cinco Jotas
Os de Redondela afondaron na ferida do equipo vigués, que leva oito xornadas sen gañar. A SAR non lle deu ningunha opción e foi moi superior ao longo de todo o encontro, e o marcador é un fiel reflexo do que aconteceu na pista. Os de Carlos Rey foron sempre por diante no marcador, e as distancia foi facéndose cada vez maior, ata avantaxar aos de Lavadores en 13 goles no remate do encontro. A SAR mantén a 6ª praza, con 11 puntos, e terá ocasión de seguir coa súa racha ascendente a próxima fin de semana, xa que xogan na pista do Poio, equipo situado no pozo da clasificación.
Luceros 28-27 Castro Chapela
O Luceros deu a sorpresa ante o Construcións Castro Chapela, e demostrou que é un dos aspirantes á parte alta da táboa. Nun encontro moi disputado, a vitoria caeu do lado dos locais. A derrota deixa aos de Fran Teixeira un posto máis abaixo, ocupan agora a terceira praza da categoría, e na próxima xornada vai ter que asumir un dos partidos máis duros desta volta, xa que reciben en Chapela ao Cisne, actual líder da Primeira Nacional, que suma todos os seus encontros como vitorias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará