Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Redondela, Rafael Abeijón “Tiriti” falece tras caer de 200 metros no Aneto

RR_Noticias

Amante da aventura, a noticia corría como a pólvora polas redes sociais na tarde de onte. Rafael Abeijón Broullón, Tiriti, veciño de Rande de 42 anos de idade perdía a vida logo de precipitarse dunha altura de 200 metros cando escalaba o pico Aneto en Huesca.

Traballador do Instituto Municipal de Deportes de Vigo e apaixonado polos deportes de aventura e as motos, nos últimos tempos afeccionárase ao montañismo e este era o primeiro gran cumio ao que se enfrontaba.
O seu corpo foi recuperado onte polos grupos de rescate de intervención en montaña da Garda Civil logo de recibirse a alerta na tarde do luns por parte de tres montañeiros que atoparon o corpo sen vida. Agora a autopsia será clave para determinar as causas da morte e saber con exactitude cando se produciu o accidente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará