Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pregunta a Fomento se vai paralizar a ampliación da AP-9 logo do informe da Xunta

RR_Noticias

A deputada do Bloque, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara na que pregunta a Fomento se ten intención de paralizar o proxecto actual de ampliación da autoestrada en Rande ante o informe da Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta no que se considera máis axeitado para solucionar “a saturación de  tráfico existente na AP.9 proceder á construción das autovías A-57 e A-59 en lugar de executar a ampliación de Rande”.
 

Segundo explican dende o BNG o informe emite algunhas observacións en relación á ampliación da AP-9 “que coinciden totalmente coas alegacións presentadas polos veciños e tamén coas críticas realizadas polo BNG” ao sinalar a necesidade de “formular novas opcións que minoren as afeccións e o impacto social” das obras de ampliación de carrís.
Sublíñase tamén nese informe que a ponte de Rande non será unha solución axeitada en caso de emerxencia, porque a ampliación consistiría nun só carril independente e en situacións de avarías colapsaríase”.
Lembra Davila que outro dos problemas é a afectación aos veciños de Chapela en Redondela logo de que “o proxecto presentado en xullo se modificase e se incrementase o número de parcelas a expropiar”. .
Para a deputada nacionalista “resulta interesante saber que o propio Goberno galego chega ás mesmas conclusións en relación ás deficiencias da ampliación”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará