Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela réndese á maxia do samaín

RR_Noticias

A asociación de empresarios organiza un festival de maxia na tarde noite do venres co obxectivo de animar aos veciños a saír a rúa, gozar dos espectáculos que se van desenvolver en diferentes puntos do casco urbano e como non, animarse a mercar e achegarse aos comercios da vila que nesa xornada ofrecerán descontos e interesantes ofertas os seus clientes.

A programación, organizada pola Asociación de empresarios en colaboración con concello, arrancará ás 17:30  coa participación de diferentes magos que percorrerán as rúas con espectáculos itinerantes para todos os públicos. Unha actividade da que participan os magos Romarís.de Negreira os vigueses Sergio Sienes e Mago Oscar, o Mago Xulio de Las Palmas e o pontevedrés Noel. A representación redondelá correrá a cargo dos magos José e Eloy. Sete magos encargados de poñerlle maxia a unha xornada de meigas, medo e cabazas con actividades que inclúen un encontro de maxia infantil a partir das 17:30 horas no Auditorio José Figueroa no que haberá actuación pero tamén obradoiros de maxia, instrumentos máxicos e obradoiros de maquillaxe de samaín. A oferta comercial vivirá o seu punto álxidos ás oito da tarde cando os locais e establecementos da vila ofrezan descontos, promocións, sorteos e outros atractivos para animar ás vendas nesa xornada. Xa as 21:30 terá lugar unha gala máxima na praza Constitución (en caso de mal tempo, Auditorio do Multiusos da Xunqueira) O programa rematará cunha queimada máxica, na praza do concello a cargo da compañía Troula. Ademais durante toda a tarde un “tren de castañas” percorrerá a vila ofrecendo o seu produtos aos transeúntes. A data elixida para a celebración deste festival ten “unha marcada carga máxica vinculada á cultura e maxia da nosa terra polo que producirase un singular encontro entre o clásico concepto de maxia de escena coa maxia tradicional galega nun evento que entreterá ao público infantil na programación de tarde e non deixará indiferente a público xuvenil e adulto na programación de noite”, segundo explicou o presidente da Asociación de emrpeasrios Fernando Sampil.  

Fernando Sampil Presidente AER
Un programa que pretende aunar a promoción comercial coa diversión e a maxia propia do samain
Eloy Crespo coordinador do festival
Maxia itinerante e actuacións en sala para todos os públicos
Obxetos cotiáns cargados de maxia
O púlico poderá gozar con espectáculos case privados
Erminda Quelle concelleira de festas
O Concello colabora unha queimada máxica nocturna

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará