Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova Redondela anuncia a súa disolución

RR_Noticias

Os integrantes de Anova Redondela anuncian a súa decisión de “autodisolverse” por entender que logo do acontecido no transcurso da última Asemblea Nacional esta formación “constitúe hoxe unha ferramenta inútil para a transformación social, verdadeira motivación das persoas integrantes da Asemblea en Redondela” ademais de “carecer das mínimas garantías democráticas que garantan a actividade política dentro da organización”.

Explican no seu comunicado de disolución que despois de dous anos de singradura e observados os últimos acontecementos sucedidos na preparación e transcurso da II Asemblea Nacional, amparados polo Coordinador Nacional Martiño Noriega Sánchez e o Voceiro Nacional Xose Manuel Beiras Torrado “ANOVA IN carece das mínimas garantías democráticas de cumprimento do propio corpus de normas e regras autoimpostas,  que garanta a actividade política dentro da organización”.
Engaden que o proceso político dos últimos dous anos e medio supuxo un esforzo persoal e colectivo virado en demasía á resolución da actividade interna da organización o que implicou “non desenvolver todo o traballo político en Redondela que esta asemblea querería”.
Conclúen argumentando que a día de hoxe segue a ser necesaria “unha forza política propia, galega, que cumpra con estas premisas éticas e que defenda o ben común”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará