Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gol de Molinos fai líder ao Choco

RR_Noticias

O Choco ostenta desde onte o liderado da liga empatado a 16 puntos co Alondras tras imporse ao Barbadás pola mínima. O equipo de Jacobo Montes saíu ao céspede de Santa Mariña coa intención de levar os puntos, aínda que sen correr riscos. Os rivais coñecíanse ben, polo que o respecto mutuo presidiu o partido. O Choco B de Segunda Autonómica tamén gañou o seu encontro co Arenas.

Terceira División
Choco 1-0 Barbadás
Sen un claro dominador, e con moito xogo no centro do campo, a primeira ocasión foi para o Choco no minuto 24 cun lanzamento de penalti que o porteiro visitante atallou a Hugo. O Choco desperdiciou esta ocasión de ouro, pero non perdeu os nervios, e no minuto 44, xusto antes do descanso, Molinos enganchou un balón para convertelo no 1-0 que ao cabo decantaría o partido. O Barbadás, que no minuto cinco perdera a Nuno por lesión, adiantou filas en busca da igualada e Rubén Arce tivo unha clara opción para igualar o marcador, pero errou. O seu lanzamento foise demasiado alto e os redondeláns xa non pasaron máis apuros nos instantes finais para sumar a súa quinta vitoria consecutiva e subir ao máis alto da táboa. O Choco mesmo puido sentenciar no desconto, pero o solitario gol de Molinos sería finalmente o único que subiría ao marcador. Ao final satisfacción no cadro redondelán pola vitoria e por alcanzar o liderado da categoría. Próximo encontro, Arousa-Choco. O rival dos redondeláns ocupa a 4ª praza, cun punto menos que o Choco
Choco:Cortegoso, Yago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminatti, Molinos, Pablo Piñeiro (Gonza, min. 79), Xosé Ramón (Fernando, min. 59), Róber, Hugo, Silva (Aitor Gómez, min. 76).
Barbadás:Berto, Jorge, Alfredo, Quintairos, Vieites, Nuno (Nacho Currás, min. 5), Cristian, Luis, Hugo (Choco, min. 62), Moisés, Jaime (Arce, min. 56).
Gol:1-0, min. 44: Molinos.
Segunda Autonómica

Arenas 0-1 Choco B
O filial do Choco escala ata a 3ª praza logo da vitoria pola mínima no campo do Arenas, un dos pechacancelas do grupo
Próxima xornada reciben en Redondela ao líder, o Lavadores, que suma un punto máis que o filial do Choco.
Poio 2-2 Arcade
O Arcade cae ata a 15ª praza da clasificación logo do empate no campo do Poio, que segue como pechacancelas do grupo.
Próxima xornada Arcade-Bueu
Terceira Autonómica

Salcedo 0-0 Cesantes
O Cesantes mantense na 12ª posición da táboa, logo dun empate sen goles no campo do Salcedo. Próxima xornada Cesantes-Pontecaldelas.
Chapela 2-0 Coia
Un partido cómodo para o Chapela diante dun Coia que lle deu moitas facilidades na fase defensiva. Agora son 6º, e na próxima xornada xogan no campo do Mosende, 5º.
S.Eulalia 3-1 Beretes Chapela
O Peña Beretes segue na parte baixa da táboa logo da derrota no campo do S. Eulalia. Na próxima xornada reciben ao Fortuna Vigo, o pechacancelas do grupo.
Vilar 2-1 Louredo
Adiantouse o Louredo na primeira metade, pero o Vilar empatou xusto antes do descanso. O gol deixou tocado ao equipo visitante, e aos poucos minutos de comezar a segunda parte os redondeláns marcaron o gol da vitoria. O Atl. Vilar é agora 6º, o domingo xogará no campo do Vilasobroso, 3º do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará