Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela alertan da aparición de serpes e ratas pola acumulación de maleza

RR_Noticias

A Asociación de veciños da parroquia esíxelle ao concello que proceda a retirar e limpar a maleza das zonas públicas nas inmediacións do colexio Alexandre Bóveda e na Avenida de Redondela así como na canle do río Fondón. Reclaman á Concellería de Medio Ambiente que aplique o bando municipal que recolle multas para aqueles propietarios que non manteñan limpas as súas leiras.

A alerta, segundo explican dende a Asociación, saltou meses atrás cando un grupo de veciños denunciou por rexistro a situación na que se atopaban diferentes zonas da parroquia “invadidas de maleza”. No escrito indicaban “que se tiñan visto serpes que saltaban por encima da maleza ata a rúa e se metían no recinto do colexio”. Indicaban tamén “a presenza de ratas que foron vistas polo persoal de limpeza do propio centro educativo”. No escrito os veciños apuntaban tamén a sospeita de que “un ou varios raposos podían estar morando na maleza do río xa que un veciño da zona viu un de madrugada levando unha galiña na boca”.
Unha situación que afectaría especialmente aos residente nas inmediacións do noiro que se atopa entre a Avenida de Redondela e a Rúa Alexandre Bóveda “cuxa vexetación invade o río e os postes de teléfono, o ocasiona a invasión de serpes, ratas, raposos e outros animais non desexables nas zonas urbanas”.
Por este motivo, dende a Asociación de Veciños solicitan que se proceda a limpeza do lugar e que se faga cumprir aos propietarios das leiras co bando municipal no que se recolle a obrigatoriedade de manter limpas as súas fincas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará