Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica a falta de persoal nos servizos sociais

RR_Noticias

Aseguran que nas últimas dúas semanas unha única traballadora está atendendo este departamento e que os servizos sociais do concello “están baixo mínimos ao verse reducido o persoal por baixas e vacacións de forma que Chapela acumula dúas semanas sen traballadora social”.

Unha situación que segundo denuncia o PSOE “está a deteriorar aínda máis este servizo”. Aseguran que na parroquia de Chapela a espera para unha primeira cita (a de avaliación dos casos) está a punto de chegar ós tres meses de demora, algo complicado de entender para persoas moi necesitadas. Apuntan que esta situacion debese a que “aos xa habituais retrasos nas últimas dúas semanas os servizos sociais funcionan sen traballadora social”. Habitualmente en Chapela atendían ó público a mencionada traballadora (de baixa), unha educadora social e unha administrativa (agora de vacacións). Nestes momentos, atenden ós cidadáns a educadora e unha bolseira (de administración).
Deste xeito, “nos últimos quince días soamente está dispoñible unha traballadora social para os 30.000 habitantes do concello de Redondela” indicou o voceiro socialista Eduardo Reguera.
Reunión cos veciños de Ventosela
Por outra banda, a agrupación socialista de Redondela celebra hoxe luns en Ventosela no Centro Cutural ás 20:00 horas unha reunión coa veciñanza da parroquia para coñecer de primeira man as demandas dos residentes do lugar e escoitar tódalas súas preocupacións e inquedanzas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará