Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos e obradoiros no Centro Recreativo Cultural

RR_Noticias

O Centro ofrece unha ampla oferta de actividades na que se inclúen ata un total de 20 cursos e obradoiros centrados no mantemento da forma física, a adquisición de coñecementos lingüísticos ou o desenvolvemento de habilidades artísticas. A maior parte das actividades están ofertadas para o público en xeral con cursos tamén exclusivos para os socios.

Aprender debuxo e pintura, achegarse ao métodos pilates ou ao ioga, practicar a danza oriental ou o taichí, achegarse a disciplinas novidosas como o yogipilates, esas son algunhas das ofertas que nos deixa o Centro Recreativo de Redondela para o presente curso. Pero ademais de axudarnos a manter o corpo propoñen tamén outras actividades máis orientadas a exercitara mente como as clases de debuxo e pintura, o teatro, o curso de francés ou a guitarra clásica. Son todas actividades abertas a calquera que estea interesado e, como xeito de premiar a fidelidade os socios, organizan tamén cursos exclusivos para eles: as clases de xadrez, o ping-pong ou as clases de apio escolar nas que os fillos dos socios contará cun profesor que lles axudará a facer os seus deberes escolares de luns a xoves en horario de 17:00 a 18:00. A presidenta do Centro, Margot Araujo anima aos veciños a se achegar as súas instalacións, abertas en horario de tarde a partir das 15:00 horas. Anima tamén aos posibles interesados a asumir a dirección do centro cultural, cargo que ela leva desempeñando durante a última década e entende “imprescindible a renovación para darlle unha nova orientación ao Centro”.  

Margot Araujo presidenta do Centro
Actividades para todos os públicos
Agradecer a fidelidade
Hai actividades exclusivas para os socios
Renovar a directiva
A presidenta salienta a necesidade de que novas persoas asuman a responsabilidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará