Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola hipoteca alertan en Redondela do elevado número de desafiuzamentos en Galicia

RR_Noticias

Un dos efectos más graves da crise económica está a ser a situación de moitas persoas que ven como perden a súa vivenda ao non poder facer fronte á hipoteca ou ao pago do aluguer. Unha situación agravada pola actual lei hipotecaria que, segundo explican os afectados vulnera os seus dereitos. No camiño de denunciar esta situación están a desenvolver estes días unha campaña que os leva a percorrer os xulgados da provincia.

Hoxe unha representación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca pedía no Xulgado de Redondela que os xuíces apliquen as directivas da UE aos preitos hipotecarios. Segundo explican a “actual lei hipotecaria e a lei de enxuizamento civil vulneran gravemente o dereito a defensa porque non hai igualdade de armas entre o Banco e o demandado” motivo polo que reclaman que se anulen todos os procesos de execución hipotecaria. Dende a plataforma lembran que Pontevedra é a provincia do norte de España con máis desafiuzamentos. Así o recollen os datos oficiais que constatan que mentres no resto do estado se observa un lixeiro descenso no número de persoas afectadas polos desafiuzamentos, en Galicia mantéñense e incluso se incrementan notablemente os casos de desaloxos por aluguer, segundo explica Adolfo Telmo Pérez. O colectivo ten en marcha outras iniciativas. Así, teñen abertas vías de diálogo con diferentes bancos e entidades financeiras encamiñadas a lograr a dación en pago e traballan na posibilidade de que os afectados poidan seguir residindo na vivenda establecéndose o pago dun aluguer social.  

Adolfo Telmo PAH Vigo
Alerta do incremento no número de afectados
Dación en pago e aluguer social
Son dúas das peticións máis urxentes da plataforma

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará