Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican que os orzamentos do estado se esquezan da estación en Chapela e da rotonda dos Valos

RR_Noticias

O BNG valora moi negativamente a inversión que o goberno español vai facer en Redondela no ano 2015 por non existir “previsión de construción da estación de Chapela nin da rotonda de Os Valos”. Consideran dende a organización nacionalista que non se lle dá resposta ás carencias que sofre o concello e relativizan a inversión anunciada polo alcalde Javier Bas cando amosaba a súa satisfacción porque neste orzamento se recollan melloras en seguridade vial na N-555 e en Rande.

O BNG critica que o Ministerio non recolla nestas contas unha partida para a contrución da rotonda no Alto dos Valos “malia existiren acordos dos consellos parroquiais e do propio pleno da Corporación para facer esta infraestrutura”. Engaden que malia existir previsións de facer beirarrúas nalgún tramo da N-555 “confirmase que non se vai elaborar un proxecto de remodelación da estrada, posto que tal como se baralla suporía unha inversión de arredor de 9 millóns de euros e nos orzamento do estado só se inclúe unha achega de 255.000”.
Critican tamén que “o goberno español volva ignorar a construción da estación de tren en Chapela. No ano 2011 o ministerio aprobou unha partida de 150.000€ para  o Proxecto Construtivo e agora confírmase que non se vai levar a cabo”.
Destacan dende o BNG como a parroquia de Chapela sofre o movemento de tráfico ferroviario, “mais non se pode beneficiar do uso dun medio menos contaminante que o vehículo particular”. “En todo caso, a maior inversión que o Estado vai facer nesta parroquia, vai ser a ampliación da autoestrada, deixándoa esgazada de vez, afondando nun déficit real con Chapela” afirman os nacionalistas.
Outra das obras que botan en falta neste documento é a mellora na seguridade viaria no entorno do Cruceiro en Cedeira tal e como demandaron os veciños do lugar mesmo recollendo sinaturas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará