Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Loira e Mauro máis preto de lograr as axudas para competir en probas internacionais

RR_Noticias

O Senado aprobou por unanimidade solicitar ao Consejo Superior de Deportes (CSD) que inclúa no “Catálogo de Especialidades y Pruebas” tódalas categorías establecidas pola Federación Española de Deportes para personas con Discapacidad Intelectual (FEDDI). Unha modificación, promovida pola socialistas Paula Fernández Prado, que permitiría a estes nadadores do Racing de Chapela acceder a axudas económicas para financiar os seus desprazamentos a probas internacionais.

Ata o momento, o número de categorías ó que presta axuda o CSC é menor que as establecidas pola entidade federativa e, entre as que non poden acollerse a ningunha subvención, están as de Loira Fernández e Mauro Rodríguez, os dous nadadores do Racing Chapela con Síndrome de Down que están entre a elite mundial pero que teñen que pagarse o desprazamento ós distintos eventos internacionais.
O concelleiro socialista Eduardo Reguera indicou que “non se está a pedir que se lle dea unha axuda mensual nin un soldo, soamente se pide que poidan acceder, como outros moitos deportistas, a unha subvención no caso de clasificarse para o Campionato de Europa ou do Mundo da súa disciplina, que lle cubra o desprazamento. Creemos que é algo asumible e, dende hai meses, apoiamos a loita do Racing Chapela e dos seus deportistas”.
O voceiro do PSdeG-PSOE indicou que “habitualmente teñen que acudir a axuda e solidariedade da veciñanza, pero esta non é infinita e, no mes de novembro, tanto Loira como Mauro poden acudir ó Campionato do Mundo e, incluso, teñen opcións de medalla, pero non contar con ningún tipo de axuda pode afastalos desde evento”. A agrupación socialista xa levou esta situación ó pleno de Redondela, que aprobou unha petición na mesma liña que agora traslada o Senado ó Comité Superior de Deportes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará