Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento construirá unha senda peonil en Rande

RR_Noticias

Os orzamentos xerais do Estado do 2015 recollen unha partida de 126.000 euros que se destinará á construcción dun paseo peonil na N-552 á altura da saída da AP-9 en Rande. O alcalde de Redondela, Javier Bas, amosa a súa satisfacción por recollerse tamén nese documento un investimento de 270.000 euros para a construcción de beirarrúas na N-555 e a colocación dun semáforo nas Cardosas.

O Ministerio de Fomento inclúe nestes orzamentos do Estado unha partida dotada con 126.000 euros para a execución dun itinerario peonil que facilite o paso dos veciños pola estrada N-552. Así, está prevista a construcción dunha senda no barrio de Rande de aproximadamente un quilómetro de lonxitude co obxectivo de mellorar a seguridade vial na saída da autoestrada AP-9 en Rande No mesmo apartado contémplase tamén outra achega destinada a Redondela e dotada con 270.000 euros destinada a acometer melloras en diferentes estradas do municipio. Unha desas actuacións que segundo explicou o alcalde “están recollidas nun dossier que se lle entregou á Ministra de Fomento no ano 2012” contempla a construcción de beirrarúas en tramos puntuais da N-555 tal e como veñen demandando os veciños da zona dende hai anos e que ten por obxecto mellorar a seguridade viaria na estrada que une Redondela con Peinador. Outra das melloras previstas e que xa conta con partida económica consistirá na colocación dun semáforo e un paso de peóns na zona das Cardosas. Javier Bas entende que “Redondela cobra peso nestes orzamentos do Estado nos que se recollen moitas das demandas históricas en seguridade vial dos veciños que poderán así ser solucionadas nos próximos meses”.    

Melloras en seguridade vial
Inclúese tamén o paso de peóns e o semáforo solicitado para as Cardosas
Javier Bas alcalde
Valora moi positivamente as obras previstas nos orzamentos do estado en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará