Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Negros celebra a Festa da mazá coa mellor colleita dos últimos anos

RR_Noticias

Os organizadores estiman que este ano os veciños recolleron ao redor de 4.500 kilos de mazás, unha das colleitas máis abondosas dos últimos anos. Unha froita coa que xa están a elaborar a sidra e os numerosos e variados pratos que se repartirán na festas que celebran esta fin de semana. O pregón correrá a cargo de Merchi Rodal, reposteira de larpeiros.

Corenta persoas están a traballar este días na elaboración dos máis de 3.000 litros de sidra que na fin de semana se esperan despachar na festa da mazá de Negros. O tempo chuvioso dos últimos meses favorece que a deste ano sexa unha das colleitas máis abondosas das últimas edicións e son moitos os veciños que colaboraron na recollida da froita e que agora están xa a traballar na elaboración da sidra. O presidente da comisión Emilio Antón lembra que a sidra poderase acompañar de suculentos pratos elaborados tamén a base de mazá sendo este ano a principal novidade as brochetas de polo con mazá unha receita que se ven sumar a outros pratos xa tradicionais como a empanada de bacallao con mazá, o chourizo á sidra, a costela con mazá e diferentes sobremesas “mantendo os prezos dos últimos catro anos”. Os organizadores estiman que serán ao redor de tres mil as persoas que se acheguen á festa “dependendo iso sí do tempo que faga”. Os stans abriranse ao público o sábado ás nove da noite unha xornada amenizada polo grupo local Retroblues. O día grande será o domingo con apertura das casetas de degustación ás once da mañá e pregón a cargo da reposteira do programa Larpeiros da TVG, Merchi Rodal.  

Emilio Antón comisión de festas
Fálanos dos actos do sábado
Colleita abondosa
4.500 kilos de mazás
Pregón da cociñeira Merchi Rodal
O día grande será o domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará