Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A PAH entrega no xulgado de Redondela as sentencias contra os desafiuzamentos

RR_Noticias

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) convoca aos veciños a participar dunha iniciativa que terá lugar mañá venres ás 11:00 horas ante o xuiz decano de Redondela e que consistirá en entregar unha carta na que os asinantes manifestan o seu desacordo contra a actual lei hipotecaria e a lei de enxuizamento civil “por vulnerar gravemente o dereito á defensa ao non existir igualdade de armas entre o Banco e os afectados”.

A PAH entende que a lei vulnera os dereitos humanos e convoca aos veciños e todas as persoas, afectadas ou non polas execucións hipotecarias ou de aluguer, a participar desta iniciativa que xa se desenvolveu noutras localidades. Unha campaña coa que queren  amosar o seu desacordo cunha lei que foi causa de centros de milleiros de desafiuzamentos dende o inicio da crise. Segundo explican a “actual lei hipotecaria e a lei de enxuizamento civil vulneran gravemente o dereito a defensa porque non hai igualdade de armas entre o Banco e o demandado” motivo polo que reclaman q2ue se anulen todos os procesos de execución hipotecaria..
Unha iniciativa coa que queren tamén amosar o seu rexeitamento a un goberno que non fixo caso da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) da Plataforma, na que se solicitaba a dación en pago e o aluguer social, asinada por un millóns e medio de sinaturas e que malia contar co apoio da inmensa maioría da poboación foi rexeitada polo goberno do PP.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará