Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle en outubro o III obradoiro internacional de tradución poética

RR_Noticias

A Illa de San Simón será do 13 ao 18 de outubro, o escenario desta terceiro obradoiro no que poetas que escriben en 7 linguas diferentes daranse cita durante unha semana para traducirse mutuamente. Paralelamente a esta actividade celebrarase no Multiusos da Xunqueira un recital poético multilingüe o venres 17.

Ademais do traballo que os poetas e tradutores realizarán nas instalacións da Illa de San Simón, o obradoiro preséntase como unha “oportunidade única” para achegar ao público lector galego á obra de prestixiosos escritores procedentes de diferentes puntos de Europa e Asia e ata o de agora non moi coñecidos en Galicia.
Así, desenvolveranse dous recitais poéticos multilingües (un o mércores 15 na Casa das Campás, en Pontevedra; e outro o venres 17 no Multiusos da Xunqueira, en Redondela) no que os asistentes poderán gozar da lectura de poemas na lingua orixinal do poeta e das versións do texto en galego.
O Edificio Sarmiento do Museo acolle esta tarde a presentación do libro froito da segunda edición. Coordinado por Isaac Xubín e editado pola Deputación de Pontevedra baixo o título Eno mar cabe quant,i quer caber, a obra recolle os poemas dos 7 autores que o pasado ano participaron neste encontro no seu idioma orixinal e traducidos ao galego.
A III Edición do Obradoiro de Tradución Poética significa verificar a consolidación dunha iniciativa que, en palabras de Yolanda Castaño, “é pioneira e única en Galicia e en España” e sitúa a esta comunidade á cabeza no que respecta á tradución deste xénero literario que, doutra maneira, ten difícil acceso ao mercado.
Os participantes este ano serán Kärlis Verdins, de Letonia; Katerina Rudcenková, da República Checa; Alving Pang, de Singapur; Cosmin Perta, de Romanía; Catharina Gripenberg, finlandesa que escribe en sueco; así como Leire Bilbao, do País Vasco; e Marilar Aleixandre, de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará