Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco gaña ao Laracha en inferioridade

RR_Noticias

Como os grandes. Os de Jacobo Montes gañaron ao Laracha (2-1) cando tan só faltaban catro minutos para rematar o encontro, e cun home menos pola expulsión de Carminati. É a súa terceira vitoria consecutiva. Peores resultados na Segunda Autonómica, con derrota do Choco B e o Arcade.

Terceira División
Choco 2-1 Laracha
O Choco fíxose grande cando case todo estaba en contra, e o gol de Comis deulle os tres puntos no minuto 84´, logo de xogar desde o minuto 60´ cun home menos pola expulsión de Carminati. Antes do gol decisivo viviuse un partido igualado, pero con certo dominio local. Nunha das chegadas dos xogadores de Jacobo Montes na primeira metade Silva anotou o seu tanto. Na segunda metade chegou a igualada. Unha pena máxima, moi protestada polo Choco, rematou en gol de Óscar e expulsión do lateral Carminatti. Este feito poñía costa arriba o partido para o conxunto de Jacobo Montes. O técnico tirou do banco para mover o equipo e tratar de asegurar un resultado que xa daban por bo. Pero nos últimos minutos chegaría a sorpresa. , polo menos, un punto.
Non obstante, chegaría o premio gordo no tramo final. Aitor Gómez decidiu presionar a saída do balón do Laracha e o lateral do equipo visitante decidiu despexar cara o centro do campo. O balón perdido recolleuno Comis na frontal do área para enganchar un gran disparo que entrou pola cruceta da portería de Paco. Segundo gol local da tarde e tres puntos para sumar ao casilleiro do Choco. Os de Jacobo Montes suman así a súa terceira vitoria consecutiva, que os sitúa na quinta posición da táboa. Desde esta situación privilexiada viaxan o próxima domingo ao campo do pechacancelas, o Bertamiráns.
Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Saúl, Cristian, Carminatti, Molinos, Pablo Piñeiro (Valiente, min. 60), Comis, Rober (Xosé Ramón, min. 56), Hugo, Silva (Aitor Gómez, min. 72).
Laracha: Paco, Fandiño, Pablo (Dani Bea, min. 53), Roberto, Antonio, Rebolo, Casal (Beto, min. 53), Mon, Taibo, Óscar (Martín, min. 75), Brais.
Goles: 1-0, min. 23. Silva; 1-1, min. 60: Óscar, de penalti; 2-1, min. 86: Comis.
Segunda Autonómica

C. Apóstol 2-1 Choco B
O filial do Choco non foi quen de superar ao C.Apóstol, que o adianta agora na clasificación. A próxima xornada os de Redondela reciben ao Vincios, equipo situado na parte alta da táboa.

Moraña 2-0 Arcade
Os do Morrazo superaron ao Arcade, que baixa ata a 12º posición na táboa. O domingo reciben ao C. Pontevedra, un dos líderes do grupo.
Terceira Autonómica

San Andrés 3-2 Cesantes
O Cesantes disputou un encontro moi igualado co San Andrés, con moitas ocasións para os dous equipos, pero que se saldou a favor dos locais. Na próxima xornada reciben ao Marcón B, pechacancelas do grupo.
Chapela 1-1 Balaídos
O Chapela conseguiu sumar un empate co Balaídos. A próxima xornada reciben ao Moledo.
Miño 2-0 Beretes Chapela
Saúl e Pepiño marcaron para os locais na primeira metade, e foron claramente superiores ao Peña Beretes. A próxima xornada reciben ao Nieto.
Vilar 0-0 Castelo
Reparto de puntos nun encontro sen goles que foi a estrea do Vilar esta temporada. A próxima xornada desprázanse ao campo do Atios B, que lidera o grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará